Onde as ideas convértense en espectáculo.
Deseñamos experiencias únicas para celebracións, eventos culturais e accións sociais. Se tes unha data importante, unha historia que contar ou unha comunidade que reunir, nós poñemos a escena.
Deseñamos experiencias únicas para celebracións, eventos culturais e accións sociais. Se tes unha data importante, unha historia que contar ou unha comunidade que reunir, nós poñemos a escena.

A Factoría de Eventos é o noso laboratorio creativo, o lugar onde transformamos datas sinaladas, valores sociais e ganas de diversión en propostas escénicas únicas.
Cremos que cada ocasión merece unha linguaxe propia. Por iso, o noso equipo de creadores deseña cada proxecto desde cero, combinando o rigor da planificación coa chispa do teatro e a participación activa.
O resultado son eventos que non só se celebran: vívense, compártense e recordanse.



Na Factoría de Eventos non repetimos fórmulas. Cada proxecto nace dunha idea, dunha historia ou dun obxectivo concreto.
Desde festivais ata campañas culturais, pasando por celebracións comunitarias ou eventos institucionais, creamos experiencias que mesturan espectáculo, participación e emoción.
Deseñamos e producimos eventos adaptados a diferentes contextos e públicos.

Creación de espectáculos, programación cultural e experiencias escénicas para festivais, festas locais e programacións municipais.

Actos públicos, inauguracións, celebracións oficiais ou eventos corporativos pensados para transmitir valores e conectar co público.

Celebracións pensadas para reunir á comunidade, fomentar a participación e crear experiencias compartidas.

Deseñamos experiencias escénicas arredor dunha temática concreta para crear un ambiente único e memorable.
O noso equipo artístico e creativo pode desenvolver diferentes formatos escénicos:


Ademais da animación e da produción, deseñamos todos os elementos que constrúen o universo visual do evento:




Deseñamos eventos culturais, celebracións comunitarias, programacións para concellos, eventos temáticos, espectáculos de rúa e experiencias participativas. Cada proxecto créase desde cero para adaptarse ao contexto e ao público.
Si. A Factoría de Eventos está preparada para colaborar con administracións públicas, empresas, asociacións culturais e tamén con clientes particulares que queiran organizar un evento especial.
Por suposto. O noso equipo creativo desenvolve cada proposta desde cero, adaptando a temática, a escenografía, as actividades e a animación ás necesidades de cada proxecto.
Si. Podemos encargarnos de todo o proceso: desde a idea inicial e o deseño creativo ata a coordinación, animación e produción final do evento.